Dende a UGT facemos un chamamento á comunidade e ás diferentes candidaturas para que en materia de persoal poidamos acadar un cambio e desenvolver unha política de persoal nova que non resulte contraria á Lei e ao Dereito e contemple, entre outros, os estremos seguintes:
- Constitución da mesa de negociación sindical da Universidade de Vigo que inclúa os catro sectores do persoal da Universidade.
- Inmediata recuperación da representación sindical no Consello de Goberno.
- Funcionamento efectivo do Comité de Saúde e Seguridade no Traballo.
- Inclusión nos orzamentos da universidade de Vigo de partidas presupostarías que permitan:
- Afrontar os problemas derivados da reforma dos Títulos de Grao, de Postgrao e do Currículo Profesional.
- Dotar aos laboratorios dos equipos e infraestructuras necesarias para a impartición das clases prácticas, e garantir o seu funcionamento.
- Corrixir os desequilibrios da plantilla (nas seccións, servizos, centros, áreas de coñecemento e departamentos).
- A mellora das actividades necesarias para a xestión, a docencia e en I+D+I.
- Reforzar a relación entre ensinanza e investigación.
- Un novo plan de financiamento dos Departamentos
A este efecto, a UGT ofrece a súa mediación e require participación sindical ordinaria en tódolos asuntos que atinxan ó persoal e ás condicións de traballo, co gallo de acadar unha política de persoal consonte co que Universidade é, representa e quere ser.